Novas

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Chuches Amil e o Samaín

Chuches Amil e o Samaín fan boa parella. Aquí vos deixamos unha programación terrorífica para tremer… e bailar arreo estes días de medo.

Arrancamos a semana do Samaín cun agasallo, pois podemos descargar de balde a marabillosa canción Noite de Samaín de Chuches Amil. Cómpre salientar que esta versión é diferente á publicada no libro disco “Monstros con ou sen consentimento”, xa que lle engadimos a vibrante frauta tocada por Aarón Bouzón, quen ventea con mestría para ritmar con moito “duende”.

Mentres escoitades a rumba dos mortos, podedes descargar como fondo de pantalla, tamén de balde, que estamos xenerosos e gastadores, a extraordinaria ilustración que Javi Montes fixo da nosa canción “Noite de Samaín”. Deixade voar a vosa infinita imaxinación mentres ollades o evocador debuxo de Javi Montes. Toda unha experiencia terrorífica, meus e miñas. E a cousa non remata aí: podedes escoller a descarga en formato horizontal (tablets, ordenadores) ou en formato vertical (móbiles), a que máis vos preste. Mellor aínda: descargade as dúas e levádeas en tódolos vosos dispositivos.

Ilustración: Javi Montes

Agora que xa estamos metidos en tema, se queredes tremer a eito botarlle unha ollada ao relato Un Samaín de medo. Que medo! Non sei se seremos quen de lelo. A min custoume escribilo, porque cada pouco tiña que mirar debaixo da cama, ou detrás das portas dos armarios, e comprobar que tiña ben pechadas portas e contras das ventás.

Debuxo: Pedro Vázquez Santos

Se vos parece pouco lecer o que levamos ata o de agora, aínda temos ocasión de visionar un videoclip sinxelo pero terrorífico da canción Noite de Samaín.

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Temos outra opción de videoclip con Noite de Samaín, que é a actuación que fixemos para o Concerto de Nadal, por encargo do programa Apego para Normalización Lingúística do concello da Coruña.

E deixamos para o remate a xoia da coroa: unha especial banda deseñada ¡de tres páxinas! fabulosamente debuxadas por Brais Fierro, cunha historia titulada simplemente Noite de Samaín, que, aviso, pon os pelos de punta. Eu non me fago responsable se a ledes e despois tedes pesadelos.

Bonecas, calacús e caveiras, e saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Debuxo: Brais Fierro

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto