Novas

Foto: alberte peiteavel Foto: alberte peiteavel

Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro

Esa lúa tan grande e fermosa de xaneiro hanos axudar a ver mellor ese becho que nos ten confinados. Pero afondando e colleitando no noso refraneiro, achamos este outro: “En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro”, que nós convertemos en: “En xaneiro, abrígate con dúas máscaras e un sombreiro”. Dobre protección, levada con elegancia, pero sobre todo con seguridade. Tamén pode protexernos contra o aburrimento o divertido índice de artigos do mes.

Para recibir o ano nesta nosa/vosa páxina favorita e afastarnos do fastío e o cansazo das festas (se é que alguén se aburre coas festas), Carlos Amil e Brais Fierro agasállannos coa banda deseñada deste mes, unha divertida e enredada aventura protagonizada por un robot que é unha máquina. Un regalo de Reis!!

Como todos os meses, traemos a nova dos afortunados ganadores dos premios colleitados por seren siareiros e subscriptores da nosa páxina. Apúntate ti tamén e gana premio seguro!!

Hai anécdotas e sucedidos ben curiosos e abraiantes, pero poucos tan insólitos como o sucedido nun concerto de Chuches Amil no coruñés Parque de Eirís, que atoparedes en Música de vento. Por se non abundase o relato, ten unha fermosa ilustración de Anxo Padín. Bulide, insensatxs!!

Este mes a nosa páxina engalánase cunha “ilustración do xenial Manel Cráneo” da nosa canción Os porcos das fragas do Eume para a nosa sección de “Fondos de Pantalla”. Unha divertida homenaxe aos debuxos animados da Warner Bros. con esa craneana ollada chocarreira. A colección de ilustracións das nosas cancións medra con paso firme. Non vos perdades ningunha!!

Rematado o prazo para poder ver en liña o concerto de nadal 2020 de Chuches Amil para o programa Apego de Normalización Lingüística do concello de A Coruña, iniciamos este mes a publicación mensual de videoclips coas cancións que conformaron o programa do devandito concerto. E traemos como primeiro videoclip a canción Ñam-Ñam, festeira e contaxiosa, e unha das favoritas dxs nosxs siareirxs. Desfrutádea!

Pechamos mes como o empezamos: cunha fermosa historieta protagonizada por Chuches Amil: Os porcos das fragas do Eume, cortesía como sempre de Carlos Amil e Brais Fierro.

Lembrade que cada tres ou catro días engadimos un novo artigo. Non deixedes de visitarnos a miúdo!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto