Novas

Do blog de Nonito Pereira "TodoMúsica&Más" Do blog de Nonito Pereira "TodoMúsica&Más"

Da serie "O que dixeron de nós" (6ª entrega)

A sexta entrega de “O que dixeron de nós” énchese de honra porque traemos o recordo do inmorredoiro Nonito Pereira

Lembramos hoxe o que escribiu o grande Nonito Pereira na súa crítica publicada no xornal “El Ideal Gallego” e que tamén colgou no seu blog “TodoMúsica&Más” o 19 de setembro de 2018: “Un Cd- Libro con cancións, contos, soños e alegrías para gozar en familia, cun sorriso e moito ritmo para bailar.”

Cando alguén coa traxectoria inmaculada do cronista musical galego por excelencia adica eses epítetos a un traballo, abofé que ese traballo é merecedor de lle prestar, cando menos, unha escoita. Por iso mesmo, as familias que teñen o noso disco fan de Chuches Amil unha das bandas favoritas.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.
Aquí podemos ver a segunda entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a terceira entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a cuarta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a quinta entrega de O que dixeron de nós

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto