Novas

Debuxo: Anxo Padín Debuxo: Anxo Padín

En marzo, podar e cavar, se queres colleitar

Marzo ponlle remate ao inverno e dálle a benvida á primavera. Ogallá sexa a primavera que tanto arelamos: aquela na que por fin albisquemos o remate da pandemia, e axiña poidamos xogar e enredar con todxs xs nosxs amigxs. Mentres agardamos que as vacinas fagan o seu traballo, sigamos alerta: temos que continuar levando máscara e manter as distancias de seguridade. E para facer, como sempre, máis levadeira esta situación, aquí estamos outravolta cun engaiolador índice de artigos do mes.

Imos empezar coa nova dos afortunados ganadores dos premios colleitados por seren siareiros e subscriptores da nosa páxina. Apúntate ti tamén e gana premio seguro. Bulide, insensatos!!!

Este mes facemos un agasallo especial para os máis peques da casa: unha lámina en branco e negro de Alba Martínez para enchela de cor. Ala, papás e mamás, a facer traballar a impresora e ceibar os lapiseiros de cores, que hoxe toca ser artistas.

Outra nova achega á nosa colección de videoclips tirados do concerto de Nadal para Apego de Normalización Lingüística do concello de A Coruña, este mes coa canción Con ou sen consentimento, un himno de rabiosa autoafirmación adolescente, e unha das cancións mais queridas polxs nosxs siareirxs. Gozádea!

Temos un novo relato dun sucedido marabilloso cando fumos dar un concerto na Fundación Artabria de Ferrol. Non deixedes que a curiosidade fique sen resolver, e lede este divertido conto

Lembrade que cada semana engadimos un novo artigo. Non deixedes de visitarnos a miúdo!!!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto