Agasallo especial para os peques da casa
Para incentivar ese espíritu creativo que aniña en cada peque das nosas casas, desde Chuches Amil ceibamos este mes unha lámina en branco e negro para colorar.
A lámina en branco e negro, de Alba Martínez, pide a berros dixitais encherse de cor. Ala, papás e mamás, descargade o arquivo coa lámina e a facer traballar a impresora e ceibar os lapiseiros de cores, que hoxe toca ser artistas.