Novas

O que en agosto ou setembro non dá cebada, en San Xoán non fai xornada

Comeza un novo curso. O curso da normalidade, meus e miñas. Ou sexa, fóra mascarillas e restricións anti-covid. Temos que seguir con precaucións, pero semella que recuperamos as caras, os acenos e, aos poucos, as actividades. E que non falte a música. Se é de Chuches Amil, larpeirada musical.

Por iso mesmo, Chuches Amil meteuse no estudio de gravación para preparar novas cancións e presentalas devagar ao longo destes meses. Estade atent@s, e bailade e cantade con Chuches Amil.

Lembrade que cada semana teremos unha entrada con divertidas novidades. Iremos ampliando este índice de artigos segundo aportemos entradas.

Non deixedes de botarlle un ollo á Guía para mestr@s e educador@s porque aí comentamos as diferentes seccións que conforman a páxina musical máis completa do país.

E non esquezades que o día 21 de setembro, dentro do programa “Ler Conta Moito”, Chuches Amil actuará co espectáculo “Cancións para enredar e contos para tremer de ledicia” no Albergue de peregrinos O Conco, en Dumbría, contra ás 18:00 horas.

Chuches Amil e Pakolas levan moitos anos colaborando, e deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica da última que argallaron estes monstros nas novas cancións de Chuches Amil.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto