Novas

Ilustración: Carlos Amil Ilustración: Carlos Amil

Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes

Que paradoxal é o noso mes de setembro, como indica o refrán que escollemos para titular esta nova. Ou chove moito, ou non chove nada. Ou estamos tristes porque rematan as vacacións, ou estamos ledos porque recuperamos aos amigos.

E facemos novos amigos no novo curso que estamos a piques de comezar.

Para Chuches Amil é unha ledicia compartir con tod@s vós as publicacións que lle adicaron xornais e revistas de Galicia e de fóra de Galicia.

Comezamos coa aparición no xornal “La Voz de Galicia”, 18 de agosto de 2003, no suplemento cultural “Fugas”, onde Alejandra Ceballos López escribe un artigo sobre a música infantil en Galicia, titulado: “Las bandas gallegas favoritas del público infantil”. Cando fala de Chuches Amil di, literalmente: Chuches Amil es uno de los grandes favoritos del público infantil. Só podemos estar dacordo.

Unha boa moi ilusionante para nós foi a aparición do artigo escrito por Gelines Alonso Baro no número 30 da revista leonesa “Peña El Castro”, facendo a crónica da primeira actuación de Chuches Amil fóra de Galicia, concretamente en La Ercina, concello de León que ten unha importante actividade cultural. Queremos espallar a nosa música alén do Telón de Grelos!!!

Tamén no número 30 da revista “Peña El Castro” o meu irmán Carlos Amil escribe un relato fantástico arredor da nosa chegada ao pobo de La Ercina, en León, atravesando unha porta máxica que nos levou directamente de Galicia ao poboado do castro da localidade leonesa.

Este mes comezamos unha nova serie titulada “O que dixeron de nós”, que terá unha cadencia semanal. Comezamos a primeira entrega de O que dixeron de nós lembrando a acollida ao noso primeiro disco “Un conto ao revés”, e recollemos o que de el dixeron no blog “musicanegalego”.

A segunda entrega de “O que dixeron de nós” lévanos ata o blog Palabras y mundos falando do noso disco “Un conto ao revés”.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto