Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Auga de febreiro enche o cabaceiro

O refraneiro do mes de febreiro énchese de referencias ao Entroido, pero nós, que ben sabedes somos moi festeiros, optamos desta volta por unha alusión ao clima, que boa falla fai tratalo con agarimo.

E se chove, cómpre escoitar a fenomenal música de Chuches Amil para que o tempo pase voando e non nos mollemos. Vós si que sabedes, meus e miñas!

Que onde podedes escoitar a música de Chuches Amil? Se non sodes afortunadxs posuidorxs dos seus fabulosos libro-discos (ateigados de fermosísimas ilustracións e cancións abraiantes), podedes escoitalas na nosa web, neste enlace que di Cancións. Poñedes o cursor enriba do título da canción que queredes escoitar, e premedes no rato. Facedes tal, e a maxia prodúcese de contado.

Pero se tedes a sorte de que actuemos preto da vosa casiña, podedes comprobalo botando unha ollada ao calendario das actuacións deste primeiro semestre do ano 2024. Se estades aí, saudarnos e botade as mans ao aire, para que poidamos distinguilas e adicarvos as nosas cancións.

Comezamos o mes co dossier adicado aos espectáculos que Chuches Amil vai desenvolver para o ano 2024. Este artigo é moi interesante para programadores culturais de concellos e entidades e asociacións culturais de Galicia. E tamén para calquera que teña curiosidade por ver que cousas facemos Chuches Amil.

Traemos a décimo terceira entrega da serie “O que dixeron de nós”, co agarimoso recoñecemento de Xosé Ramón Gayoso no programa “Luar”.

Gabámonos de que conten coa nosa participación outravolta, e van seis, na estupenda actividade A Hora do Conto das bibliotecas municipais de Oleiros.

Lembramos que temos unha Guía para mestr@s e educador@s macanuda para ver como tirar proveito da nosa páxina nas suas aulas.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto