Novas

Ilustración: Carlos Amil Ilustración: Carlos Amil

Cando Nadal nada, sinal de boa anada

Moito nos prestan os xogos de palabras e os paradoxos a Chuches Amil e a tódol@s siareir@s. Para demostralo, este decembro arrancamos cun refrán moi refraneado e coa volta dos nosos relatos máxicos e divertidos.

Aí tedes para pasar un bo pasar o conto Unha lona enmascarada, que nos trae ademais un agasallo inesperado. A ilustración do relato é da autoría do noso cantante favorito: Fran Amil. Un artista polifacético que o mesmo canta que toca a batería, debuxa ou protagoniza el soíño toda unha banda deseñada, ademais de contar e cantar contos a eito.

Lembrade outrosí que Chuches Amil vén de estrear nova canción, moi axeitada a esta época do ano: “O apalpador”, recén chegado de O Courel. O hit do Nadal, cunha marcha moi marchosa. Bailade na punta do pé, bailade na palma da man, bailade co Apalpador, non deixedes de bailar.

Non deixedes de botarlle un ollo á Guía para mestr@s e educador@s, para facer un percorrido que vos axude a sacar proveito das moitas e marabillosas seccións que temos espalladas polas páxinas da vosa páxina web favorita.

Se pensades nun bo agasallo musical para este nadal, non deixedes de achegarvos a Popsía Vol. I de Fran Amil. O agasallo perfecto.

E tamén nós traemos agasallos neste nadal venturoso. Aquí vos deixamos unha versión inédita de Merry Christmas, Peludos, gravado na sesión do Concerto de Nadal organizado polo programa Apego para Normalización Lingüística do concello de A Coruña no ano 2020. A bailar, monstr@s!

Este mes traemos ao gran músico Antón Torroncho para as fichas dos nosos Colaboradores. Que sortudos somos de contar cos mellores!!

Lembrade: Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto