Novas

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Da serie "O que dixeron de nós" (7ª entrega)

A sétima entrega de “O que dixeron de nós” mergúllase na rede e aboia nunha illa que abeira á música galega e en galego. A illa é o blog “GZmúsica”.

Recollemos hoxe o que dixo, con texto e fotos, Xabicas o 5 de xaneiro de 2019 no blog “GZmúsica”, falando do noso segundo disco-libro “Monstros con ou sen consentimento”, publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore: “Monstros diversos e cotiás, que nos achegan a diferentes espazos musicais nos que cantar, e gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar.”

Sempre que lemos algo semellante, sentímonos honrados e agradecidos, porque sentimos que o noso esforzo por facer unha música traballada e contaxiosa paga a pena.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.
Aquí podemos ver a segunda entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a terceira entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a cuarta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a quinta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a sexta entrega de O que dixeron de nós

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto