Novas

Debuxo: Brais Fierro Debuxo: Brais Fierro

No San Martiño remonta cada día un ferradiño

Este novembro comeza mellor ca nunca para Chuches Amil, porque estamos a piques de estrear nova canción. Recén chegado de O Courel, “O apalpador” fíxonos unha visita e unha encarga: levar a canción co seu título a tódol@s nenas e nenos de Galicia e parte do extranxeiro.

Estade atent@s, moi atent@s, meus e miñas, que axiña poderedes descargar e oir a nova canción de Chuches Amil nesta mesma vosa páxina.

Antes iremos facer festa na despedida da Biblioteca Pública Municipal Enrique Rivera Rouco de As Pontes de García Rodríguez, que vai cambiar de local. Anabel Alonso, a súa extraordinaria xerente, e todo o equipo convidounos a formar parte desa festa tan especial, na que haberá material á disposición das persoas que asistan para que enchan as paredes baleiras con graffitis, notas, poemas ou debuxos. Unha festa da que faremos crónica e mesmo unha reportaxe audiovisual. Se podedes achegarvos o sábado 12 de novembro, pola tarde, faremos que a festa sexa épica. Bulide, insensat@s.

Ofrecemos este mes un novo álbum de fotos, adicado nesta ocasión aos finalistas dos premios da música galega Martín Códax do ano 2021. Se lle botades un ollo, veredes canto desfrutou Chuches Amil nese evento.

Achegamos un novo videoclip tirado da nosa actuación de Nadal 2020. Trátase de Noite de Samaín, moi axeitada para este terrorífico mes de novembro. Nunca nos pode faltar a música.

E agora ceibamos unha bomba musical: o noso agasallo para este nadal de 2022 é a estrea mundial na nosa páxina (onde senón) da nova canción de Chuches Amil O Apalpador. Xa estades tardando en descargala e escoitala. Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Chuches Amil solidarízase co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Engadimos este mes unha ficha moi especial á lista dos nosos Colaboradores: a de Brais Fierro, extraordinario debuxante da nosa banda deseñada, e de moitas máis cousas, como veredes na ficha.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto