Novas

Foto: Carlos Amil Foto: Carlos Amil

Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos

Desta volta, o refraneiro énchese de razón. Despois dun mes chovendo a cachón, o frío visitounos e deixou branco parte do noso territorio. Por sorte, Chuches Amil dá calorciño e cor ás nosas vidas.

Entre o frío e a chuvia aínda moitos coles e asociacións toman a decisión de combatilas facendo festas en familia. E moit@s programador@s teñen a Chuches Amil entre as súas preferencias. Canto saben, meus e miñas!

Comezamos o mes coa oitava entrega da serie “O que dixeron de nós”, coa marabillosa acollida que adicaron ao noso disco libro “Un conto ao revés” en Palabras y mundos. Pero botarlle un ollo tamén ao resto das entregas do mes: novena entrega, décima entrega, e undécima entrega.

Podemos comprobar se somos afortunad@s botando unha ollada ao calendario das actuacións de novembro. Se estades aí, saudarnos e botade as mans ao aire, para que poidamos distinguilas e adicarvos as nosas cancións.

E como falamos de programador@s, lembramos que temos unha Guía para mestr@s e educador@s macanuda para ver como tirar proveito da nosa páxina nas suas aulas.

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto