Novas

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Da serie "O que dixeron de nós" (8ª entrega)

Oitava entrega de “O que dixeron de nós”. Volvemos mergullármonos no blog “Palabras y mundos”, no que a colaboradora Kerícolo escribiu un artigo ben laudatorio sobre o noso primeiro disco-libro “Un conto ao revés”.

Isto dicía: “Un libro-disco de novo, é dicir, un libro con banda sonora orixinal, como as pelis!!, pero unha música moi bonita que fará pasar os pícaros das nosas casas uns intres entretenidos e moi divertidos”.

Música, contos e cine. Cantas cousas ofrece Chuches Amil. Moitas grazas, Kerícolo. Ninguén falara ata ese intre da nosa música como unha banda sonora. Nós tiñamos a sensación, e moitas veces a intención, de que as nosas cancións arelaban ser a banda sonora da imaxinación de moit@s crianzas. Congratúlanos comprobar que esa idea ventea no aire e sodes quen de colleitala.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.
Aquí podemos ver a segunda entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a terceira entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a cuarta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a quinta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a sexta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a sétima entrega de O que dixeron de nós

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto