Novas

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Da serie "O que dixeron de nós" (9ª entrega)

Na novena entrega viramos do mundo do disco-libro ao das actuacións. Isto dixeron da nosa actuación en Camariñas hai un par de anos.

Da nosa andaina polo programa “Ler conta moito”, dinamización da lectura dirixido á rede de bibliotecas públicas, escollemos hoxe a reseña que aparece no blog de Ler Conta Moito do día 1 de outubro de 2021 sobre a nosa actuación en Camariñas: “Estupendo espectáculo de Chuches Amil en Camariñas. Contos e música de moi boa calidade. Conseguiu crear un ambiente moi animado e participativo. Volveremos a vernos, Chuches Amil!”

Como presta o recoñecemento dos programadores e da xente que nos contrata, e son quen de facelo público. Por suposto, para nós o verdadeiramente engaiolante é a resposta do noso público, nenas e nenos que cantan e bailan as nosas cancións, mesmo cando as escoitan por vez primeira.

Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.

Aquí podemos ver a primeira entrega de O que dixeron de nós.
Aquí podemos ver a segunda entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a terceira entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a cuarta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a quinta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a sexta entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a sétima entrega de O que dixeron de nós
Aquí podemos ver a oitava entrega de O que dixeron de nós

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto