Relatos

Debuxo: Alba Martínez Debuxo: Alba Martínez

A nena espello

A anédota de hoxe aconteceu no concerto de Chuches Amil no auditorio do Centro Cívico de Meicende (no coruñés concello de Arteixo), en marzo de 2019.

Ler máis

Debuxo: Pedro Vázquez Santos Debuxo: Pedro Vázquez Santos

Samaín (IV): Un Samaín de medo

Pasou en Arnuide, no concello de Vilar de Barrio en Ourense. Fumos convidados a tocar na festa do Samaín, e aló nos presentamos coa intención de meter medo ao aburrimento coa nosa música.

Ler máis

Debuxo: Anxo Padín Debuxo: Anxo Padín

Pintando nas paredes

Se non o conto, rebento.

Ler máis

Debuxo: Unai Miguel Debuxo: Unai Miguel

O neno invisible

Pasou en Mos, na actuación de Chuches Amil no III Miúdo Fest. Como sempre, xs máis pequerrechxs arremuiñáronse diante do escenario, a bailar e xogar ao ritmo dos acordes da imparable música do noso grupo favorito.

Ler máis

Composición: Carlos Amil Composición: Carlos Amil

Os monstros xa non queren asustar

Hai ocasións nas que estamos ben empanados. Sabedes cando din aquilo de que hai que estar ao que hai que estar? Nós caso non fixemos, e pasou o que pasou. E pasou en terra meiga. Por unha vez, excusade que non concrete a praza, pero os nosos anfitrións non son de recibir xente, senón de asustala.

Ler máis

Debuxo: Unai Miguel Debuxo: Unai Miguel

A corda máxica

Hoxe traemos unha anécdota tan increíble que estou certo de que moitos de vós dubidaredes de que sexa certa. Pero, lembrade, só as anécdotas increíbeis son certas. As anécdotas normais son tan normais que ninguén as conta, porque para perder o tempo mellor botamos unha soneca, e así, no canto de perdelo, gañamos o tempo. E se non gañamos, tampouco perdemos porque, de seguro, alomenos descansamos.

Ler máis

Foto: alberte peiteavel Foto: alberte peiteavel

Vivir do conto ou do canto

Hoxe queremos contarvos unha anécdota ou sucedido na biografía do noso cantante favorito.

Ler máis

Foto: alberte peiteavel Foto: alberte peiteavel

Chuches Amil é Fran Amil e colaboradores.

Fran Amil naceu, medrou e converteuse en músico e cantante. É ben certo que puido escoller como oficio ser astronauta, panadeiro, futbolista, condutor de tranvías ou picador nas minas de carbón que veñen de pechar, pero escolleu cantar para alegrar á xente con cancións pegadizas e irresistibeis.

Ler máis

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto