Letras e Acordes. Un conto ao revés
Aquí presentamos unha chuchería que só podemos calificar de novidade extraordinaria e festeira a tope: as cancións de Chuches Amil en formato Letras e Acordes. E arrancamos co clásico “Un conto ao revés”, para que a cantedes e toquedes acompañados dunha guitarra.
Adxuntamos un arquivo no que podemos ver a letra da canción “Un conto ao revés”, cos seus acordes para poder tocala coa guitarra.
Ademais, nunha iniciativa novidosa, para que vos atrevades a cantar e tocar as cancións de Chuches Amil, adxuntamos tamén un videoclip onde podedes facer o karaoke co noso imprescindible Fran na imaxe guiándonos.
Aos poucos, iremos engadindo novos temas para que teñades sempre unha fabulosa canción a man para as vosas festas. Outro agasallo singular da man da vosa banda favorita!!!
A que esperades? Papás e mamás, mestres e mestras, descargade o arquivo coa letra e os acordes, e botádelle un ollo ao videoclip co karaoke de Un conto ao revés.
Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.