Negra Sombra
Gravada a principios de xuño de 2019 no estudio Abrigueiro con Arturo Vaquero como técnico de son, a produción musical é de Carlos Amil. A voz de Fran Amil está formidablemente acompañada polas voces femininas de Ángeles Dorrio, Sara Vázquez e Carmen Rey, e realzada polo baixo de Ruchy de Baio, a guitarra de Paco Cerdeira, o saxo tenor de Gueorgui Oganesian, a trompeta de María Quiroga, o trombón de Mandela, o violín de Marta Oro, a gaita de Miguel Vázquez e a batería do propio Fran Amil. Un equipo irresistible para unha canción inmorredoira. Unha soa vez que a escoites, a sombra evocadora da súa melodía estará sempre a teu arredor.