Novas

Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil Ilustración a partir dunha foto de Carlos Amil

Para as árbores é boa sorte que veña por outubro frío forte

Hai quen quere vivir nun verano eterno, de sol e calor diario. Esquecemos a miúdo que para unha vida equilibrada precisamos, precisamente, ter tamén variedade no clima. A un tempo de calor cómpre que o releve un tempo de frío, e a un tempo seco cómpre que lle suceda un tempo de chuvia. A ver, colegas, hai que se mollar para ter auga, non si?

As árbores, amigas imprescindibeis, que nos proporcionan sombra no verán e froitos saborosos en calquera estación do ano, precisan de choiva, frío e calor para medrar e alimentarse (e, de paso, alimentarnos).

Nós tamén queremos, desde esta páxina, alimentar o voso espírito e a vosa fame de boa música. Lembrade que na páxina de inicio tedes a sección “Próximos bolos”, onde podedes ver se actuamos preto da vosa casiña.

Comezamos o mes coa terceira entrega da serie “O que dixeron de nós”, coa marabillosa acollida que adicaron ao noso disco libro “Un conto ao revés” en “Novas de radiofusion”. Pero botarlle un ollo tamén ao resto das entregas do mes: cuarta entrega, quinta entrega, sexta entrega e séptima entrega.

Por segunda vez este ano, temos a honra de participar na nova convocatoria de “A Hora do Conto” que organiza a rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros, con tres intervencións en cadanseu día, e que podedes consultar aquí.

Temos tamén un calendario completo coas actuacións do mes de outubro, que complementa a sección “Próximos bolos”.

Non esquecemos o noso convite mensual para que mestr@s e educador@s boten unha ollada á nosa Guía para mestr@s e educador@s, unha xeira na que @s invitamos a percorrer a nosa páxina web, e atopar o emprego máis recomendable para as aulas e o tempo de lecer.

E para rematar o mes, temos unha proposta irresistible: un Samaín de medo!

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto