Novas

Debuxo: Unai Miguel Debuxo: Unai Miguel

Pois xa estamos en setembro

Pois xa estamos en setembro! Tempo de escoitar a extraordinaria música de Chuches Amil, volver ás aulas, recuperar amigxs, poñer a roupa de abrigo nas primeiras ringleiras dos armarios, e, este ano especialmente, de tomar tódalas precaucións para non permitir que se espalle o covid-19. Botádelle unha ollada ao índice de artigos do mes.

Este setembro é o tempo prometido para reiniciar a nosa páxina. A partir de xa, tódalas semanas teremos un novo artigo engadido almacenado nas diferentes seccións que abranguen a páxina enteira. Comezamos ampliando a sección “Biografía”, na que contaremos cousas divertidas ou abraiantes sucedidas nos nosos concertos, como o caso de A corda máxica. Desfrutade co marabilloso debuxo de Unai Miguel. E estade atentos cada semana ás nosas novidades. Iremos ampliando este mesmo artigo segundo engadamos novas.

Por exemplo, a incorporación na sección Novas do artigo Crónica dun concerto irrepetible: Chuches Amil en Foz, un concerto marabilloso feito antes da Era da Pandemia Confinante. Foi hai moito tempo, é certo, pero quen non quere recuperar os momentos felices e despreocupados?

Por fin damos saída a unha arela alimentada no eido dos desexos perante demasiado tempo, e que agora se torna realidade. O agasallo para coleccionar fondos de pantalla ilustrados por algúns dos máis grandes ilustradorxs de Galicia. E nada mellor que arrincar cunha fermosa ilustración de Xosé Cobas provocada pola canción Con ou sen consentimento

Outro concerto que merece a súa crónica aconteceu en Moaña, tamén antes da Era da Pandemia Confinante. Non collades medo, axiña volveremos con concertos actuais

Xa ía sendo hora de estrear a subsección “Colaboradores” na Galería, e facémolo coa figura de Xosé Cobas

Outro aporte destacado ao mundo artístico de Chuches Amil é Paco Cerdeira

Falando das aportacións ao proxecto artístico de Chuches Amil, cómpre suliñar o elegante toque de Ricardo Casás

Temos outro relato da serie biográfica, Os monstros xa non queren asustar. Aviso: este mete medo. Xa o anuncia o debuxo de Rebeca González.

Javi Prieto é outra achega aos nosos marabillosos colaboradores.

Para rematar o mes, a nosa páxina presenta unha novidade que agarda se converta nunha das favoritas dos seus siareiros: a banda deseñada das aventuras de Chuches Amil, guionizadas por Carlos Amil e debuxadas por Brais Fierro. Humor, aventura, música e tempo de lecer que comeza con Rock sideral.

E unha Nova que trata dunha iniciativa popular a prol dunha canle infantil e xuvenil de televisión en galego

Saúde e cancións de Chuches Amil, meus e miñas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestro aviso legal.



Acepto